Axitación cultural para profesorado de secundaria

Durante o mes de febreiro, Vanesa Castro impartiu un obradoiro de Axitación cultural para o profesorado de secundaria do I.E.S A Sardiñeira, en A Coruña.

Participaron neste obradoiro profesorado de diversas materias, como Historia, Literatura e Lingua, Francés, Galego, Inglés, Economía, Bioloxía, Tecnoloxía ou Educación dixital.

Comezamos o obradoiro cunha presentación de todas, e Vanesa contoulles o que é para nós a axitación cultural. Deixámosvos aquí un enlace a un artigo que escribimos en 2011 sobre !Axitación, dinamización cultural e creación de redes de trabajo.

Despois, amosou unha serie de proxectos de Fur Alle Falle e máis que poden ser exemplos inspiradores para levar a cabo nun instituto de secuandaria, dando as chaves de cada proxecto.

Algúns dos proxectos amosados son:

Kitsch Kitchen

Diario, de Inés Ballesteros.

Torneo Passión

Kafé tà Kabaré

RETRATO DE ESPAÑA, de José Jurado.

Mapeo ERMUA MUGI!, así como o mapa que fixemos.

Historias de Vilachá. Proceso, mapeo, actividades

Nas seguintes sesións, Vanesa preparou dinámicas para desenvolver proxectos de axitación cultural no instituto.

O profesorado imaxinou, definiu e desenvolveu propostas individuais para as materias que impartían.

Máis adiante, fixeron unha dinámica grupal, un exercicio que lles permitiu definir propostas conxuntas que involucraban ás distintas materias.

Tiveron que facer o plantexamento, definición e calendarización dun proxecto conxunto e realizable, atopando obxectivos compartidos e transversais ás súas materias, pensando tamén en implicar outros axentes do barrio.

O resultado foron distintas e variadas propostas realizables para favorecer tanto ao alumnado como ao profesorado de secundaria.


Deja un comentario