«Fotos de Labañou» é un proceso participativo que quere motivar ás persoas veciñas de Labañou, San Roque, Cidade Escolar, e Os Rosais, a descubrir o pasado, presente e futuro do barrio a través de fotos faladas ou fotos en vídeo.
Xorde como iniciativa da AsociaciónVeciñal Francisco Rodríguez Otero (A Coruña).
O resultado da actividade serán unha serie de vídeos realizados a partires de fotos antigas e diversa documentación. Estes vídeos compartiranse dende a canle de youtube da asociación.
Nestra primeira sesión, do pasado día 13 de novembro, adicámonos a facer un guión.
É moi fácil:
0. Escolles unha foto do barrio, antiga, de fai uns anos, ou do presente.
Colles un papel e apuntas :
1. Data (aproximada ou concreta se a sabes) da foto.
2. Lugar onde foi feita.
3. Describe as persoas, arquitecturas, obxectos ou motivos que saen. Como van vestidas, cales son os seus xestos, e que indican. Cal era o ambiente. Que sucedía cando se fixo esa foto.
4. Cal é a túa relación con esas persoas, obxectos ou lugares.
5. Cal é túa relación con esa foto.
6. O tempo desa foto. ¿Que cousas permanecen? ¿Que cousas cambiaron? ¿Como o imaxinas no futuro?
7. Busca outras fotos relacionadas, fai fotos no mesmo lugar na actualidade, ou fai debuxos ou montaxes de como imaxinas o futuro desa foto.
Na segunda sesión, o día 27 de Novembro ás 19:30, comezaremos a gravar os audios e a montar os vídeos.
Achégate coa tua foto e co teu guión!.
Algunhas das fotos seleccionadas que xa están en proceso de traballo: